Galego / Castelán

Liqe arquitectura é un equipo adaptable, xove e multidisciplinar de profesionais do ámbito da arquitectura, urbanismo, paisaxismo, deseño e publicidade; cunha elasticidade inmediata para acoller dende o encargo máis pequeno ata obras de grande envergadura.

Imos, gracias á nosa formación e experiencia profesional, máis alá do concebido, propoñendo espazos e modos de vida adaptados ao propietario aínda que non sempre figurados por este.

Desenvolvemos todo o proceso mediante reunións periódicas co cliente, de modo que se determinen adecuadamente todas as necesidades e modos de resolvelas garantindo a máxima satisfacción no resultado.

Proxectos de arquitectura

Nova edificación, ampliacións, derrubas, reformas, rehabilitacións, deseño de interiores, montaxes expositivos, escenografía teatral, adaptación ó ambiente e ás novas normativas.

Asesoramento urbanístico

Posibilidades de construción, edificabilidade, experiencia en infraccións urbanísticas e legalizacións.

Peritaxe e Inspección Técnica de Edificios

Gran experiencia en declaracións de ruína, danos na edificación, reparacións técnicas.

Dirección de obra

Os proxectos non se rematan cando se entrega un proxecto de execución, o proceso construtivo esixe constantes modificacións e adaptacións á realidade construtiva, de modo que se garanta un resultado satisfactorio para o cliente.

Deseño integral para actividades comerciais

Reforma de local, imaxe corporativa, publicidade.

Proxectos de urbanización

Espazos públicos, parcelacións, urbanizacións, plans parciais.